O BNG ve na remontada un cambio de ciclo que será decisivo para abrir un tempo novo en Tui

FB_IMG_1556494767842

"O BNG de Tui agradece profundamente a confianza depositada  no seu proxecto  por parte da veciñanza tudense"

O BNG ve na remontada un cambio de ciclo que será decisivo para abrir un tempo novo en Tui

Nun escenario onde a polarización e o medo a ultradereita ocupaba o papel central da campaña eleitoral , o BNG en Tui conseguíu  acrecentar os seus resultados  en máis de 330 votos. O Bloque Nacionalista Galego en Tui  quere transmitir as persoas que escolleron a papeleta nacionalista  que o seu é un voto de esperanza e dignidade. 

Aínda que non nos sentimos satisfeitas  pola imposibilidade de conseguir a tan  ansiada representación en Madrid, é un feito contrastable que o proxecto BNG é  cada vez máis forte e con máis empuxe para afrontar os retos electorais inmediatos. Contamos cunha organización mobilizada e con optimismo ao comprobar que a veciñanza  volve ver no Bloque a forza capaz de abrir un tempo novo e construír un Tui mellor, desde un proxecto sólido.

Por iso nos compromentemos a duplicar, se cabe,  os esforzos  para que nos  vindeiros comicios eleitorais o BNG poida aumentar aínda máis  a súa representación  e lograr voltar governar o concello de Tui.

Agradecemos profundamente  ás militantes e simpatizantes  todo o enorme traballo realizado  nesta campaña, o seu traballo e entrega son a mellor garantía de éxito.

O BNG ve na remontada un cambio de ciclo que será decisivo para abrir un tempo novo en Tui