Guillerme Vázquez pide na Guarda o voto para o BNG ás persoas que levan a Galiza no corazón
“Unacto concorrido onde se lembrou a Revolución dos Cravos cantando Grândola Vila-Morena cun caravel na man”
O BNG celebrou no día de onte un acto público no Casino da Guarda. Un acto concorrido que se encargou de presentar Bea Lomba, responsábel local e candidata nº2 do BNG.
“Hoxe, con ese espírito do 25 de abril, queremos recuperar a Nosa voz en Madrid, queremos voltar a estar. Voltar a qué Galiza non sexa a gran esquecida, a qué as nosas demandas sexan escoitadas e atendidas. Ben sabemos o que pasou nestes 4 anos nos que non tivemos representación”, argumentou Bea Lomba.
Anxo Baz, candidato do BNG á Alcaldía da Guarda, asegurou que “votar ao bng é defender os dereitos sociais, as libertades públicas, a democracia. Égarantir que Galiza apareza no debate do estado, egarantir que ás nosas redeiras, mariscadoras, o noso sector pesqueiro vai ser escoitados en Madrid”.
O candidato ao Parlamento español, Guillerme Vázquez, ten claro que o sistema véndenos 5 candidatos aos que nada lles importa Galiza, que veñen de “paracaidistas” pero que en canto rematan as eleccións desaparecen.
“O BNG é a única garantía de dique de contención contra a extrema dereita, machista, antigalega... debemos apoiar ao BNG porque está disputando os escanos contra eles”- comentou Guillerme Vázquez entre o aplauso dun ateigado auditorio.