Actos públicos do BNG en Tui de cara aos comicios municipais
No BNG somos ambiciosas e non nos poñemos límites. Cremos no noso País e no seu potencial, e con toda humildade mais tamén con orgullo pensamos que podemos sinalar como a política municipal do BNG é un exemplo do que somos capaces de facer cando cremos nas nosas capacidades e desatamos e liberamos o noso potencial, con proxectos e con ideas claras.
O BNG de Tui enfronta estas eleccións municipais convencidas de que van supor un importante avance no cualitativo e cuantitativo de Tui. Queremos ser determinates no concello acadando o governo municipal.
O BNG de Tui, encabezado pola candidata á alcaldía, Carme Núñez, é unha organización tremendamente sólida, con implantación no conxunto de Tui e con enorme capacidade para sumar persoas en favor dunha proposta dun concello diferente e con futuro.
O nacionalismo ten un modelo propio, recoñecible e de prestixio no campo da política municipal. Os concellos de referencia en Galiza polas súas políticas municipais, as transformacións urbanas e municipais de referencia, as experiencias municipais coñecidas e recoñecidas e mesmo premiadas dentro e fóra de Galiza, son sempre concellos en que governa o BNG.
Para coñecer o noso proxecto de futuro para Tui, e para recoller as propostas e suxerencias da cidadanía de Tui, facemos un chamamento ás nosas veciñas e veciños á participar nos actos públicos que imos desenvolver parroquia por parroquia.