"O BNG presenta mocións nos concellos do Baixo-Miño nas que se esixe que os afectados pola Hepatite

"O BNG presenta mocións nos concellos do Baixo-Miño nas que se esixe que os afectados pola Hepatite

"O BNG presenta mocións nos Concellos do Baixo Miño nas que  se esixe que os afectados pola Hepatite C teñan o dereito ao mellor tratamento dispoñíbel."

 

A enfermidade hepática causada polo Virus de Hepatite C (VHC) constitúe un grave problema de saúde pública. Calcúlase, en cifras do Ministerio de Sanidade, Igualdade e Asuntos Socias, que unhas 700.000 persoas son portadoras deste virus no conxunto do estado español.

Na actualidade hai unha cantidade importante de persoas enfermas diagnosticadas, en diferentes estadíos de evolución da hepatite C que non están sendo tratadas, e, que teñen como única alternativa a vixilancia da súa evolución á espera de chegar a un estado que determinase a idoneidade dun transplante hepático.

O desacougo, a alarma e as queixas dos/as doentes de hepatite C van en aumento ao comprobar como nuns casos a súa situación non se inclúe dentro dos criterios de elixibilidade que se aplican para o acceso ao fármaco, e noutros moitos a solicitude cursada polos /as seus hepatólogos/as, unha vez determinado que cumpren os requisitos establecidos polo Ministerio e recollidos nas Instruccións do aceso aos tratamentos da Hepatite C cursadas pola Dirección Xeral de asistencia Sanitaria, é rexeitada ou non contestada.

É por iso que o BNG no Baixo Miño ven de presentar unha moción en tódolos concellos da comarca para facerse eco tanto das reivindicacións dos doentes como das recomendacións dos expertos sanitarios para que as persoas que sofren  hepatite C teñan acceso desde a sanidade pública ao mellor tratamento dispoñíbel, esixindo o acceso aos fármacos de última xeración, como o Sofosbuvir, para  todas e todas os doentes afectados que o necesiten, fronte ao criterio restrinxido que propón o Ministerio de Sanidade que implicaría que este tipo de medicamentos só chegaría en 2015 a unhas 6.000 persoas cando a cifra de doentes ascende a 30.000.

 

 

"O BNG presenta mocións nos concellos do Baixo-Miño nas que se esixe que os afectados pola Hepatite