O BNG e Galiza Nova organizan unha charla divulgativa en Tui baixo o lema "Profundar na democracia. Dereito a decidir"
O dereito a decidir dos pobos é unha vella reivindicación do BNG para resolver os problemas do noso país, porque a actual dependencia de Galiza é precisamente unha das claves do desastre económico e social que está facendo desaparecer os nosos sectores produtivos.A organización nacionalista considera que é unha necesidade vital das nacións sen Estado para buscar unha saída social xusta.
“Levar este debate á sociedade, ante o silencio premeditado que se quere impor desde o estado español”, para a Carmen Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, resulta evidente que non é só Rajoy “quen pretende silenciar este dereito fundamental dos pobos”.
“Queremos contar coas mellores ferramentas posíbeis para decidir o noso propio futuro, e esas ferramentas son as que teñen os estados, como por exemplo a capacidade de recaudar os impostos e decidir en que se gastan", apuntou André Vidal, responsábel comarcal de Galiza Nova.
Así pois, Galiza Nova e o BNG organizan en Tui unha palestra divulgativa sobre a defensa da democracia e do dereito a decidir dos pobos, ten que pasar a primeiro plano do debate político para acadar un futuro digno para as maiorías sociais, en particular nesta situación de crise económica, dando a coñecer así tamén a proposta do BNG sobre bases democráticas para unha nova Galiza.
O coloquio terá lugar, este venres 15 de decembro ás 20:30 na aula Cemit da Área Panorámica de Tui no que intervirán : André Vidal, responsábel comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño, Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, André Abal, representante do BNG na emigración, Filipe Vintém, membro do Comité Central do Partido Comunista Portugués, e Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo.