O BNG presenta moción para levar a pleno o Plan de Mobilidade da Guarda

Ángel Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda
Ángel Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda

Ángel Baz: “É fundamental o novo aceso ao porto da Guarda para que o plan de mobilidade se desenvolva totalmente, o PP ten que decidir se dota deste acceso á Guarda ou non”

O BNG presenta moción para levar a pleno o Plan de Mobilidade da Guarda

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción para que se leve a pleno o Plan de Mobilidade da Guarda.

O BNG lamenta q o goberno do PSOE co documento na man no teña posto en marcha unha soa iniciativa de concienciación e fomento de mobilidade sostíbel. Sen ser un documento vinculante, vemos a necesidade de ver o compromiso das formacións políticas nel. Por iso levámolo a pleno.

O BNG leva dende o principio da lexislatura traballando para que a Guarda se converta nun concello accesíbel, cunhas infraestruturas e rúas para que as persoas, principalmente as de mobilidade reducida e os nenos e nenas sexan os protagonistas.

O BNG conseguiu un compromiso por parte do pleno para que en colaboración coa Deputación se levase adiante un Plan de Mobilidade Sostíbel para a Guarda.

Este plan veuse realizando como un traballo conxunto entre técnicos e colectivos entre os que se atopan as formacións políticas. Hoxe, temos dende hai meses o plan no concello.

“Para o BNG non ten sentido ter gastado os cartos, esforzos dos colectivos e deixar o documento nun caixón. Toca aprobalo. O BNG votará a favor”, comentou Ángel Baz, portavoz municipaldo BNG.


 

A Xunta do PP debe realizar un novo acceso ao porto

“É momento de que o PP, tanto na Xunta como na Guarda, se comprometan publicamente a realizar o novo acceso ao noso porto. A Deputación xa lles fai o proxecto, as obras corresponden á Xunta”., sinalou Ángel.

O BNG considera un factor fundamental para que o Plan poida ser desenvolvido na súa totalidade a realización dun novo acceso ao porto, que deixaría libre de carga de tráfico a Concepción Arenal para realizar un proxecto integrador do casco urbano.