O BNG saca adiante un acordo para a restruturación do G.E.S. na Guarda
O BNG estará vixiante co compromiso adquirido polo Goberno municipal co G.E.S. e co pobo da Guarda
A moción presentada polo BNG e debatida no pleno ordinario de xullo foi aprobada por unanimidade.
Para o BNG é sorprendente que o portavoz do PSOE e concelleiro delegado do servizo do GES, Miguel Español, insinuase que a moción dos nacionalistas estaba chea de mentiras, iso si, non foi capaz de desmentir ningunha.
O BNG considera fundamental un cambio de actitude por parte do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e do concelleiro delegado do G.E.S., Miguel Español.
É incríbel que a día de hoxe non se pasaran pola base do G.E.S. para preocuparse do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, cando xa levan máis de mes e medio no cargo, comentou o portavoz municipal do BNG, Ángel Baz.
O acordo acadado por todas as forzas políticas pasa por que o grupo de goberno estabeleza instrumentos de financiamento para asegurar o funcionamento do G.E.S. da Guarda, o concello asegurará un mínimo de horas de formación deste equipo de profesionais, así como procurará a dotación de vehículos terrestres e acuáticos, equipos de extinción, comunicadores e todo o material necesario para a realización do seu traballo.
Ademais, como aspecto fundamental, haberá un cambio no organigrama de funcionamento pasando a unha coordinación directa entre o Sevizo de Emerxencias Supramunicipais e o grupo de gobeno do concello, sendo un dos membros do G.E.S. elixido entre os traballadores do servizo.
Ante a importancia deste servizo, o BNG vai estar vixiante para que se cumpra este acordo plenario en toda a súa extensión.