O BNG presenta unha en contra da suba do IBI no concello da Guarda
O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no rexistro do concello unha moción sobre a regularización catastral e a revisión da ordenanza sobre o IBI.
Para o BNG o Procedemento de Regularización Catastral 2013-2016 impulsado polo Ministerio de Facenda vai significar ademais do pago da taxa de 60 por cada alta no catastro, un aumento do valor catastral do inmóbel revisado, polo tanto, incrementará a base impoñíbel de tributos como o IBI. A administración poderá esixir un novo cálculo da cota do IBI e tamén pode variar a tributación noutro tipo de impostos comom o IRPF.
O Goberno español, con esta medida, pon en marcha unha ferramenta de recadación que polo fraccionamento característico na Galiza vai ter maior repercusión. O concello debe ser sensíbel e revisar á baixa o tipo de gravame que se aplica na Guarda, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG solicita ao Concello da Guarda que inste ao Ministerio de Facenda a revisar a taxa de regulación catastral para que estabeleza bonificacións e deducións. Tamén solicita que o Concello colabore cos veciños e veciñas afectadas facilitándolles información e asesoramento e, finalmente, ínstase ao Goberno local a presentar unha proposta de modificación da ordenanza reguladora do IBI, para que teña vixencia en 2016, onde se revise o tipo de gravame que se aplica ao IBI.