O BNG congratúlase pola rectificación do goberno guardés na reforma do Calvario
A humanización do Calvario irá totalmente empedrada sen discriminar a ninguén tal como esixía o BNG
O Bloque Nacionalista Galego quere amosar a súa satisfacción pola rectificación do goberno municipal do PSOE ante as queixas dos veciños e veciñas do Calvario e as iniciativas presentadas polos BNG para realizar unha mellora nas obras de reforma da rúa Calvario.
O BNG lembra que goberno guardés do PSOE pretendía deixar a tres vivendas cun piso de formigón a diferencia do empedrado destinado para o resto da rúa.
Dende o BNG reclamamos igualdade de trato para toda a veciñanza da rúa, máxime ao se tratar dun fondo de saco( rúa sen saída) onde entendemos que se deberían aplicar todos os esforzos e detalles para convertelo nun recuncho acolledor e atractivo.
Despois de termos conversado coa veciñanza, na nosa insistencia ante o inxusto do proxecto, o grupo de goberno do PSOE veuse na obriga de rectificar e realizar o empedrado de xeito uniforme toda a rúa, comentou o portavoz municipal do BNG Ángel Baz.
Dende o BNG congratulámonos por este cambio acertado con repecto ao proxecto inicial, insistíndolle ao grupo de goberno en que non escatime esforzos nese recunchiño englobándoo dentro da contorna da histórica praza de Santo Tomás.