Proxección e coloquio da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova en Tui
"É importante coñecer a loita feminista desde perspectivas culturalmente distintas pero igual de válidas e necesarias"
23 nov. 2017 - 03:29
A Asamblea de Mulleres de Galiza Nova do Baixo Miño organiza o día 24 de novembro na Sala Cemit da Área Panorámica de Tui unha proxección da película francesa de animación "Persépole", basada na novela gráfica homónima de Marjane Satrapi, con posterior coloquio.
Neste acto búscase achegar outras visións do feminismo mais aló do mundo occidental, por sobre a mesa a necesidade de coñecer a loita feminista desde perspectivas culturalmente distintas pero igual de válidas e necesarias.