“DENDE O BNG VESE NECESARIO POLÍTICAS ACTIVAS A PROL DA IGUALDADE”

O BNG presenta unha moción na Guarda polo 8 de marzo "Día da Muller Traballadora"

Merchi Martínez, concelleira do BNG
O BNG presenta unha moción na Guarda polo 8 de marzo "Día da Muller Traballadora"

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción no rexistro do concello da Guarda sobre o 8 de marzo “Día da Muller Traballadora”.

A moción solicita ao grupo de goberno o apoio público e un chamamento aos veciños e vecñias nos actos reivindicativos das organizacións e colectivos locais e comarcais co motivo do 8 de marza.

Tamén insta á Xunta de Galiza a elaborar un estudo sobre o imparcto, grao de cumprimento e vixencia da Lei 7/2004 galega para a igualdade de mulleres e homes.

Así mesmo, o BNG pretende incluír no pregos de contratación das empresas penalizacións e restrición de contratos por causa de discriminación por xénero ou orientación sexual así como rescindir os contratos municipais con aquelas empresas que teñan imputado alú caso de acoso laboral.

“As mulleres non queremos nen máis nen menos que os homes. As mesmas oportunidades e as mesmas consideracións, para iso necesitamos políticas activas en favor da igualdade e non propaganda”, comentou Merchi Martínez, concelleira do BNG.

O BNG presenta unha moción na Guarda polo 8 de marzo "Día da Muller Traballadora"