“O BNG SOLICITA A CREACIÓN DO ESTATUTO DE FEMINICIDIO COMO INICIATIVA EFECTIVA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA”

O BNG presenta unha moción contra a violencia machista co gallo do 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”

Merchi Martínez, concelleira do BNG
O BNG presenta unha moción contra a violencia machista co gallo do 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”

O BNG presenta unha moción no que se insta a Xunta á elaborar un Estatuto de de vítima de Feminicidio, o inicio dos traballos para modificar a lei galega para a prevención e tratamento integral de violencia de xénero para incorporar o regulamento de feminicidio, así como a mellora dos servizos de atención psicolóxica, información, e prevención e tratamento integral da violencia de xénero, así como garantir o servizo 016 con medios reais as 24 horas.

“Consideramos fundamental a inclusión o Feminicidio como forma de terror propia que sofren as mulleres e un Estatuto de vítima de Feminicidio que defenda a calquera muller que sofre maltrato. Debemos incluír este termo na nosa linguaxe diaria, para vergoña de todos aqueles que maltratan ás mulleres”, comentou a concelleira do BNG Merchi Martínez.

Para o BNG mentres uns din loitar contra a violencia de xénero, poñen en marcha recortes que afectan precisamente a esta loita. O BNG ten claro que o compromiso para rematar esta lacra para por ir das palabras aos feitos con iniciativas como as que presenta o Bloque Nacionalista Galego.

O BNG presenta unha moción contra a violencia machista co gallo do 25 de novembro “Día Internacional contra a Violencia de Xénero”