O BNG presenta moción na Guarda contra a suba das peaxes da AP-9

P1050149
Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG

 “A subida extraordinaria durante os próximos 3 anos do 3,1% para todos os tramos da AP-9, que vén representar o dobre do IPC, todo un escándalo para o BNG”

O BNG presenta moción na Guarda contra a suba das peaxes da AP-9

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción na que se insta a Xunta de Galiza a demandar a supresión da subida das peaxes na AP-9, así mesmo, tamén se insta a Xunta de Galiza a que cumpra os acordos do Parlamento galego e demando Goberno do estado a transferencia da AP-9 á administración galega e a supresión do tramo da AP-9 entre Vigo e Rande.

O BNG lembra que o Goberno do Estado do PP, a través do Ministerio de Fomento, acaba de autorizar a Audasa unha subida extraordinaria durante os próximos 3 anos do 3,1% para todos os tramos da AP-9, que vén representar o dobre do IPC.

O BNG aspira a que desde Galiza se tome o control desta autoestrada para rematar coas deficiencias na súa xestión, as tarifas abusivas, os incrementos constantes e mesmo que sexa empregada como obxecto especulativo por parte de fondos de investimento dados os altos beneficios que xera a custa do peto do pobo galego.

“É indecente que esta infraestrutura vaia unha concesión de 75 anos, sen poñer unha alternativa pública gratuíta, simplemente é unha chantaxe as persoas e empresas que están obrigadas a utilizar a AP-9, afectando a competitividade de concellos como o noso”, comentou Xan Lois Lomba concelleiro do BNG.

O BNG leva anos loitando contra o que se considera unha ultraxe ao pobo galego, onde o PSOE e o PP obraron cunha dobre moral cando ostentaron o Goberno do Estado.

“É contraditorio o que fai o PP: votar no Parlamento galego a favor da transferencia e vetala no Congreso en Madrid. De que serven estes representantes para Galiza?”, sinalou Xan.

O BNG seguirá loitando para que a AP-9 sexa unha infraestrutura ao servizo do pobo galego e non a grupos de investimento de risco con nomes como: CAPITAL CORSARIO.

O BNG presenta moción na Guarda contra a suba das peaxes da AP-9