O BNG pide ao PSOE e a Converxencia un esforzo para favorecer un goberno estable en Oia
Logo de intentar impulsar un acordo entre os dous grupos, os nacionalistas insistimos na necesidade de que o PSOE e Converxencia Galega fagan un esforzo para favorecer un goberno de coalición que garanta unha lexislatura estable e permita o cambio que pediron os veciños e veciñas nas urnas o pasado 24 de maio logo de doce anos de paralización baixo o mandato do popular Alejandro Rodríguez.
Os resultados dos comicios locais deixaron en Oia a porta aberta a un cambio de goberno ao perder o PP a maioría absoluta que lles permitiu gobernar as últimas tres lexislaturas. Malia os primeiros contactos entre os partidos da oposición, o PSOE e Converxecia Galega racharon as negociacións ao non chegar a un acordo. O BNG tivo contacto con ambos os dous partidos para favorecer un posible pacto pero ningunha das formacións cedeu nos seus plantexamentos o que provocou que o PSOE estea a gobernar o concello de Oia en solitario e con só tres edís.
Unha situación que o BNG considera insostible por non garantir un futuro estable e de progreso para Oia como esixiron os veciños do municipio que o 24 de maio apostaron por un cambio de rumbo no goberno municipal que sacase ao concello do inmobilismo. Os nacionalistas consideramos que a falta dunha maioría suficiente no goberno podería provocar a paralización a curto prazo da xestión do concello e de cuestións de primeira necesidade para os veciño