O BNG reúnese co PSOE en Tui
O BNG reúnese co PSOE en Tui
O BNG-AA de Tui manifesta á opinión pública que na tarde de onte dia 26 de maio representantes da organización , entre os que estaban os dous concelleiros electos, Carme Núñez e José Martínez Tato, mantiveron un primeiro contacto con representantes do PSdeG-PSOE.
O BNG tal e como anunciamos durante a campaña facilitará na medida do posibel gobernos alternativos ao PP, sen definir polo de agora si formará parte do goberno ou non, aspecto este que definirán no futuro os organismos do BNG e a asemblea aberta do BNG de Tui en base a como discurran as posibeis negociacións.
O BNG quere manifestar tamén que neste primeiro contacto non se avanzou nin en aspectos de programa, nin tampouco en reparto de responsabilidades de goberno.