“O BNG SOLICITA O APOIO AOS TRABALLADORES DESPEDIDOS E ACLARACIÓNS AO ALCALDE DA GUARDA DE COMO ESTÁ A RELACIÓN ENTRE O CONCELLO E S XEROME”
O BNG esixe unha reunión urxente de portavoces tralos despidos en S Xerome
O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito dirixido ao Alcalde da Guarda solicitando unha reunión de voceiros para que aclare a situación xerada tralo despido de dous traballadores do Centro Especial de Emprego de San Xerome.
O BNG lembra que estes dous traballadores foron subrogados pola empresa no momento de aceptar a concesión do Concello da Guarda.
Dende o BNG considérase que hai unha responsabilidade por parte do Alcalde e do grupo de goberno para co futuro dos traballadores, aspecto que debe aclarar o goberno do PSOE.
“Non se pode esconder tras unha acción social, un xeito de dirixir empresa propio doutros séculos”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
O BNG solicita tamén o apoio aos traballadores despedidos dado que estaban a cumprir co seu traballo en todo momento.