"Freemos a ultradereita" Charla divulgativa de Galiza Nova este venres en Tui

cartaz charla divulgativa Galiza Nova
cartaz charla divulgativa Galiza Nova

"Somos moitas as persoas preocupadas porque a involución democrática está dando ás á dereita máis extrema e ao fascismo"

"Freemos a ultradereita" Charla divulgativa de Galiza Nova este venres en Tui
Galiza Nova considera que a actual “Constitución monárquica” consagrou un réxime que agora esta en “crise terminal” que se plasma nunha “profunda crise democrática, social e de modelo territorial” que, en ningún caso, pode pecharse “nunha cerimonia de aliño guiada pola elite do estado e polos poderes económicos para desviar a atención sobre os graves problemas do país e as reivindicacións soberanistas das nacións que conforman o estado”.

 André Vidal, responsábel comarcal  de Galiza Nova no Baixo Miño, advirte que o momento de involución democrática que vive o Estado español está  sobresaíndo o carcaracter fascista  inherente a este, así como o proxecto nacional e imperialista español, sendo  unha xustiza que encadea polític@s por defender as súas ideas mentres continúan impunes os crimes da ditadura e non ve delito cando a Fundación Franco fai apoloxía do réxime, unha xustiza convertida na ala dura da dereita máis extrema como é o caso da Audiencia nacional”.

Neste contexto “somos moitas as persoas preocupadas porque a involución democrática está dando ás á dereita máis extrema e ao fascismo, e non podemos permitir que se branquee nin o que foi o franquismo nin o que significa hoxe o fascismo”, declarou André Vidal”. Por contra, declarou, “o fascismo será combatido, é o noso deber como mocidade consciente e organizada,desde Galiza Nova  témolo claro”.

Así pois Galiza Nova  organiza en Tui  unha palestra divulgativa  sobre as causas  do ascenso da ultradereita e  fórmulas para cobatelo, pois, as nacionalistas defendemos  que “non se  poden tapar nin bloquear o movemento cidadán que reivindica máis democracia e recoñecemento das nacións e o dereito a decidir.


O coloquio terá lugar , este venres dia 7 de decembro  ás 20:00 horas na sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui, no que intervirá  Bieito Lobeira, responsábel de organización do BNG e integrante dos "19 de Meirás".
"Freemos a ultradereita" Charla divulgativa de Galiza Nova este venres en Tui