O BNG-AA LEVA ADIANTE UNHA RECOLLIDA DE SINATURAS PARA QUE O NOVO CENTRO DE SAÚDE DE TUI LEVE O NOME "DOUTOR ALEJO DIZ JURADO"

O BNG-AA recolle sinaturas para que o novo Centro de Saúde de Tui leve o nome "Doutor Alejo Diz Jurado"

O BNG-AA recolle sinaturas para que o novo Centro de Saúde de Tui leve o nome "Doutor Alejo Diz Jurado"

O doutor Alejo Diz Jurado foi un destacado médico de cabeceira .A súa laboura profesional levouno a cabo en Tui onde tamén mantivo unha comprometida actividade política chegando a ser   alcalde entre  1918 até 1922.

Nos anos trinta, un proxecto nacional levouno a Dinamarca para realizar unha investigación sobre o seguro de enfermidade que posteriormente defendeu xerando un amplo debate na clase  médica.
Fundou e dirixiu o  semanario político satírico La Tetera, no que asinaba co pseudónimo Criticón B.

 Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado o 13 de outubro  en Vigo, en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Fusilárono o 30 do mesmo mes, xunto á Alameda de Tui con Darío Álvarez Limeses

Así pois, desde o BNG-AA  estamos a levar adiante unha recollida de sinaturas para que o novo centro de saúde de Tui leve o nome do doutor Alejo Diz Jurado, coñecido popularmente como  o médico dos pobres. Polo que facemos un chamamento a todas as veciñas e veciños  que  concordan con esta proposta a participar asinando  a petición que as nosas compañeiras están a levar polas rúas de Tui, comezando este sábado e domingo na praza da Inmaculada, máis información en bngtui@bng-galiza.org

 

volantina centro de saúde de tui definitivavolantina centro de saúde de tui definitiva2

 

O BNG-AA recolle sinaturas para que o novo Centro de Saúde de Tui leve o nome "Doutor Alejo Diz Jurado"