O ACOSO É DESIGUALDADE, É VIOLENCIA: ERRADIQUÉMOLO!

foto tomiño
foto tomiño

Celebramos e reivindicamos a loita incansábel de moitas mulleres e colectivos de mulleres que ten constribuído a conquistar dereitos colectivos e traballamos para que todos os dias sexan 8 de marzo

O ACOSO É DESIGUALDADE, É VIOLENCIA: ERRADIQUÉMOLO!
Hai xa máis de cen anos que o movemento feminsita estendeu o 8 de marzo como  unha data internacional e referencial na loita pola igualdade de dereitos das mulleres.
Celebramos e reivindicamos a loita incansábel de moitas mulleres e colectivos de mulleres de todo o mundo que ten constribuído a conquistar dereitos colectivos e traballamos para que todos os dias sexan 8 de marzo.

Contamos con numerosos indicativos que amosan como a igualdade é un obxectivo aínda lonxe de conquistar en moitos campos, tamén no laboral. Organismos e observatorios tanto internacionais como galegos teñen alertado da enorme desigualdade que aínda sufrimos as mulleres no mundo. Por exemplo, o informe 2016 do Foro Económico Mundial indica que a igualdade podería tardar até 170 anos e os datos referentes ao mercado laboral de 2015 amosan como as galegas ingresamos o 77,8% do que os homes.

Fica moito por facer nun contexto no que as consecuencias da crise económica e o empeoramento das condicións laborais a partir das reformas laboaris de PP e PSOE teñen contribuído tamén a profundar na desigualdade. Somos as mulleres quen ocupamos as peores porcentaxes de traballo precario, temporal, parcial e bolsas de traballo fóra da lei nun marco onde a lexislación e a inspección son aínda insuficientes. Esta desigualdade esténdese tamén ao ámbito do trabllo non remunerado xa que as políticas austericidias do Partido Popular teñen recortado servizos de apoio a coidados, conciliación, dependencia, etc supoñendo unha sobrecarga para moitas mulleres que acaban de suplir esas carencias.

Aínda que cada 8 de marzo cómpre insistir en combater todas as desigualdades en materia económica e outras como a dificultade para acceder a postos de responsabilidade en igualdade de condicións, é necesario facer ver que hai outras consecuencias do patriarcado que tamén se dan nos nosos traballos. Cómpre ampliar o foco e denunciar que as situacións de acoso sexual e moral que sofren moitas mulleres no seu traballo tamén son desigualdade e tamén son violencia. O machismo no ámbito laboral tamén abrangue actitudes e comportamentos que atentan contra a dignidade e que se alimentan dun sistema patriarcal que compre denunciar e desmontar. Para isto, é hora de pisar o acelereador para erradicar todas  as desigualdades e vilencias. Desde o Bloque Nacionalista Galego chamamos a denunicar con forza que as galegas e galegos non nos vale esta situación, esiximos unha Galiza en igualdade e feminista
O ACOSO É DESIGUALDADE, É VIOLENCIA: ERRADIQUÉMOLO!