POSICIÓN DO BNG SOBRE A CONFORMACIÓN DUN GOBERNO ALTERNATIVO EN TUI

POSICIÓN DO BNG SOBRE A CONFORMACIÓN DUN GOBERNO ALTERNATIVO EN TUI

POSICIÓN DO BNG SOBRE A CONFORMACIÓN DUN GOBERNO ALTERNATIVO EN TUI

 

Desde o BNG consideramos que é necesario a conformación dun goberno de coalición que teña desde o principio como prioridade dotar a cidade dun goberno estabel, eficaz e democrático. Un goberno que poña por encima dos intereses das organizacións que o compoñan os interes dos Tudenses. Un goberno no que se respecte o veredicto das furnas, e no que cada un dos seus membros teña responsabilidades acordes ao que representa en votos. Un goberno de diálogo, sen imposicións onde o respecto entre os posibeis socios de goberno e os veciños sexa a tónica dominante. Pensamos que o pobo de Tui o merece e ademáis precisao.

Nas dúas últimas reunións celebradas co PSOE non atopamos a mínima predisposición por parte desta organización para conformar un goberno estabel que poida iniciar a transformación de Tui. Aínda así, emprazamos ao PSOE a que reconsidere a súa postura para retomar unhas negociacións desde o respecto e a responsablilidade.

Con independencia de que o BNG estea dentro ou fora do goberno apoiaremos a investidura do Candidato do PSOE e impediremos na medida das nosas posibilidades que o PP siga gobernando Tui.

POSICIÓN DO BNG SOBRE A CONFORMACIÓN DUN GOBERNO ALTERNATIVO EN TUI