O pleno da Guarda aproba a moción do BNG sobre o pavillón de Solanas
A reponsabilidade da actual situación de Solanas é exclusiva do PSOE no Concello e do PP na Xunta
O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para a mellora do pavillón Antonino Torrón pertencente ao C.E.I.P de Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo. A moción foi aprobada pola unanimidade do pleno na Guarda.
O BNG tivo que levar a pleno esta moción ante a negativa do PSOE a informar á oposición sobre cales son as intencións reais do goberno municipal con Solanas.
A proposta do BNG inclúe a reposición da cuberta con aceso sinxelo para o seu mantemento e supervisión, dotación de vestiarios, duchas, servizos, así como a mellora da iluminación, illamento, problemas de condensación, acústicos, e reparación da pista e gradas.
O BNG critica a dobre linguaxe do PP
O BNG califica de cínica a actitude do PP da Guarda, porque saben de sobra que a solución dos problemas do pavillón de Solanas é política.
Sorprende a posición do PP da Guarda, en vez de esixir á Consellería do seu partido que execute a obra, ponse de lado con expresións como: non queríamos politizar o tema, sinala Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
A incapacidade do PSOE custará á Guarda 75.000
Para o BNG as obras que se teñen que executar en Solanas son competencia da Consellería de Cultura,
Educación e Educación Universitaria dado que son obras de carácter estrutural.
A intención do alcalde e do PSOE de limitarse únicamente á reposición da cuberta sen un proxecto real redactado até agora evidencian a falta de sensibilidade cara Solanas. Unhas intalacións con problemas estructurais moito máis amplos demandados pola cidadanía e recollidos na moción do BNG, quen teñen que contar co obrigado apoio incondicional da Xunta baixo nun proxecto plurianual, que de terse asinado hai tempo aforraría cartos e disgustos ao pobo da Guarda.
O BNG entende que a defensa dos intereses do pobo propoñendo o que os veciños e veciñas levan reclamando dende hai tempo non é oportunismo se non a solución do conflicto xerado por PP e PSOE con nefastas consecuencias para a Guarda.