O BNG do Baixo Miño apoia a manifestación do 1º de maio convocada pola CIG

O BNG do Baixo Miño apoia a manifestación do 1º de maio convocada pola CIG

O BNG DO BAIXO MIÑO APOIA E ANIMA Á VECIÑANZA DA COMARCA A ASISTIR  Á MANIFESTACIÓN DO DIA DA CLASE TRABALLADORA  CONVOCADA POLA CIG

cig

Nun momento como actual no que as traballadoras e traballadores estamos a ser víctimas dun gran recorte nos nosos dereitos laborais e na nosa calidade de vida como consecuencia das medidas antisociais promovidas polo governo;é necesario lembrar que o que temos como clase obreira, non é regalado, senón que  é porque ao longo dos anos se conquistou cunha loita incansábel.

 

A garantía  de que poidamos vivir nunha Galiza democrática , xusta e igualitaria vai depender da capacidade que teñamos as galegas e galegos para tirar abaixo este sistema inhumano.

 

Por iso, desde o BNG do Baixo Miño facemos un chamamento  á veciñanza para que este domingo 1º de maio,salan a denunciar públicamente a situación de pobreza, desemprego, explotación e emigración  que se está a padecer.

 

A manifestación terá lugar en Vigo, ás 12:00 con saída do cruce da Doblada, para poder asistir poden reservar praza de autobús no :616090632  ou no 986.61.04.65 que fará paradas por toda a comarca do Baixo Miño.

 

O BNG do Baixo Miño apoia a manifestación do 1º de maio convocada pola CIG