O BNG realiza unha reunión informativa sobre a instalación dunha macro-antena en Camposancos
08 mar. 2016 - 21:19
A Guarda, 8 marzo 16. O Bloque Nacionalista Galego ten previsto realizar unha reunión aberta cos veciños e veciñas de Camposancos para informar da posíbel instalación dunha antena de telefonía móbil preto do cemiterio de Camposancos.
A reunión será este mércores día 9 de marzo ás 20:30 h no salón de plenos da Entidade Local Menor de Camposancos.
Dende o BNG consideran fundamental que o pobo estea informado da petición de licencia que por parte dunha compañía de telefonía móbil, na que ten previsto instalar unha antena de considerábeis dimensións.