"Nova asemblea aberta do BNG Construíndo Futuro na Guarda"
" Nova asemblea aberta do BNG Construíndo Futuro na Guarda"
A formación nacionalista chama á implicación cidadá neste proceso impulsado polo BNG baixo a denominación "Construíndo Futuro" de cara ás vindeiras eleccións municipais.
O BNG volta a chamar a transformar toda a indignación veciñal en enerxía positiva, e, construírmos o futuro da Guarda dende a participación. Este mércores, 4 de febreiro, ás 20:30, na sala de exposicións do Centro Cultural o BNG convoca a todas as veciñas e veciños a participar nesta asemblea aberta para debater cal é o futuro que queremos para o nosos concello, e, a comezar a construírmolo dende xa, entre todos e todas recollendo ideas, opinións e propostas, abrindo así un debate porque é o momento de sumar esforzos.