Inicio de campaña do BNG na Guarda
09 maio 2015 - 02:09
A Guarda, 8 maio 15. O BNG-AA iniciou esta madrugada a súa campaña electoral coa tradicional pegada de carteis.
O candidato da formación nacionalista Ángel Baz acompañado por boa parte da candidatura asegurou iniciar a súa primeira campaña electoral coa ilusión de quen se dispón a traballar polo seu concello. Temos un gran equipo, as ideas claras e o compromiso de transformar a Guarda no concello que todos e todas desexamos asegurou.
O BNG-AA continuará a campaña con diversos actos en todo o concello. Pretendemos escoitar a toda a Guarda e explicar as nosas propostas en todos os recunchos da localidade asegurou o candidato nacionalista.
[gallery ids="190,191,192,193"]