Ángel Baz estréase no mitin da Gándara
Onte pola mañá Ángel Baz realizou o seu primeiro mitin de campaña diante dun nutrido grupo de veciños e veciñas na Gándara.
O acto foi presentado por Tamara Rodríguez, moza da Goreña e integrante na lista que o BNG-AA presenta na Guarda. A preocupación pola actual situación de paralise que está a vivir a Guarda e o progresivo empeoramento do concello , son motivos polo que se presenta nas listas do BNG-AA.
A intervención do candidato á alcaldía da Guarda, Ángel Baz, xirou en torno a un modelo de concello moi alonxado do que nos teñen acostumados o resto das formacións políticas, no que a planificación, a participación e a valentía á hora de afrontar proxectos para a vila serán unha seña de indentidade nun futuro gobierno nacionalista.
Durante a parte final do mitin desenvolveuse un animado intercambio de opinións, no que saíu a relucir a situación de da Fontevieita así como a da praza dos Seixiños.
[gallery link="file" ids="209,216,211,212,210,217,215"]