O BNG DE TOMIÑO CELEBROU A TRADICIONAL CEA DE CAMPAÑA ATEIGANDO O RESTAURANTE DE LAS COLINAS DE TEBR
O BNG DE TOMIÑO CELEBROU A TRADICIONAL CEA DE CAMPAÑA ATEIGANDO O RESTAURANTE DE LAS COLINAS DE TEBRA.
A candidata Sandra González recibe o apoio unánime de case 400 persoas que non quixeron perderse unha cea repleta de sopresas e emocións.
Tomiño, a 1 de maio do 2015.- O BNG de Tomiño celebrou na noite de onte a súa habitual cea de campaña no restaurante Las Colinas de Tebra. Case 400 persoas ateigaron o local onde non cabía un fío nunha noite na que a candidata Sandra González volveu a agracecer a todos e todas as persoas que día a día loitan por un Concello para as persoas.
O evento estivo pragado de momentos emocionantes no que vellos e novos simpatizantes do BNG puideron confraternizar e iniciar un arranque de campaña coas pilas ben postas.
Las Colinas de Tebra, restaurante no que se celebrou o encontro contou ademáis coa presencia do Secretario de Organización do BNG, Bieito Lobeira, que non quixo perderse o evento. Lobeira declarou sentir envenxa dos tomiñeses e tomiñesas por contar con unha equipa tan fabulosa.
Sandra González, candidata polo BNG de Tomiño e actual alcaldesa do mesmo municipio, reafirmouse no traballo destes anos ao frente dun equipo unido que axudou a mellorar Tomiño. González, quixo lembrar o traballo que os concelleiros e concelleiras do BNG fixeron hai anos dende a oposición e que sementaron Tomiño de ilusións.
Sandra González tamén sentenciou que ao BNG de Tomiño non se deixa comprar como fan outros partidos e que tampouco entra en xogos sucios de mentiras e falsedades difamatorias.
A actual Alcaldesa de Tomiño rematou a súa intervención reafirmandose na seu proxecto de crear un Tomiño con servizos de benestar, un Tomiño con saneamento, un Concello con cultura, un Concello para todos e todas por igual .