Galiza Nova chama ao estudantado do Baixo Miño a participar da Folga estudantil do vindeiro 26 de f

Galiza Nova chama ao estudantado do Baixo Miño a participar da Folga estudantil do vindeiro 26 de f

Galiza Nova chama ao estudantado do Baixo Miño a participar da Folga estudantil do vindeiro 26 de febreiro “en defensa do ensino público galego.”

folga26

No sur de Pontevedra está convocada unha manifestación en Vigo dende a Praza de América, este xoves ás 11:30.

Galiza Nova, mocidades do BNG, desenvolveu durante as pasadas semanas unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 26 de febreiro convocada polo estudantado galego. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que explicitou o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Mera, “o PP pretende volver ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos.”

Desde Galiza Nova fan unchamamento á mocidade do Baixo Miño a apoiar a Folga Estudantil do 26 de febreiro convocada polo estudantado galego e a acudir á concentración/manifestación porque, en palabras do Secretario Xeral da organización, “ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar."

http://galizanova.gal/26f-folga-horas-e-lugares-das-mobilizacions/

 

Galiza Nova chama ao estudantado do Baixo Miño a participar da Folga estudantil do vindeiro 26 de f