"Despois de varios días o Consorcio de Augas recomenda non beber auga da traída de Tui"
"Despois de varios días o Consorcio de Augas recomenda non beber auga da traída de Tui"
Trala privatización do servizo de abastecemento de auga potábel a traverso do Consorcio de Augas do Louro que nada fixo por mellora-los recursos, existe un inmenso malestar entre a veciñanza de Tui polo xeito en que o Concello está a xestior este asunto, pois ,unha vez máis o Consorcio de Augas, despois de case unha semana de retraso, recomenda non empregar auga da traída para beber, debido a un aumento na turbidez da auga tralos traballos de renovación dunha das liñas da tratamento da planta potabilizadora de Chans.
Así pois o BNG denuncia a deixación manifesta do Concello de Tui e esixirá responsabilidades na vindeira sesión plenaria, pois isto é unha proba máis de que os mensaxes repetitivos do Partido Popular sobre a suposta vontade da xestión privada dos bens públicos é unha falacia.Como se está a comprobar,a privatización so conleva beneficios para particulares e prexuízos para a colectividade. Agora perdemos en xestión e en saúde.