A deputada do BNG, Carme Adán reuníuse coa Platafoma Alternativa Centro de Saúde en Tui
16 mar. 2015 - 19:57
A deputada do BNG, Carme Adán reuníuse coa Platafoma Alternativa Centro de Saúde en Tui.
O pasado domingo a deputada do BNG, Carme Adán acompañada polo concelleiro do BNG José Martínez Tato,e, a candidata á alcaldía, Carme Núñez visitou con unha representación da Plataforma Alternativa Centro de Saúde a situación na que se atopa a obra do novo centro de saúde de Tui.
Alí mesmo, a deputada do BNG, comprometeuse a analizar toda a información que a plataforma lle trasladou para así presentar unha iniciativa parlamentar ,e ,ao mesmo tempo recopilar máis documentación que a plataforma aínda non pudo acadar.