Ángel Baz, candidato do BNG-AA, aposta pola mellora da Gardería municipal

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, aposta pola mellora da Gardería municipal

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, aposta pola mellora da oferta de prazas e a xestión pública da Gardería municipal da Guarda

Ángel Baz, candidato á alcaldía da Guarda

“Coa concesión rematada, a menos dun mes das eleccións o PSOE pretende unha nova privatización da Gardería”

A Guarda, 2 maio 15. Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda, considera que a intención do grupo de goberno do PSOE de iniciar unha nova contratación coa lexislatura case rematada é froito da improvisación e da súa habitual falta de planificación.

O último pleno extraordinario celebrado, o grupo do PSOE aprobou a modificación da modalidade de contratación do servizo da Escola Infantil Municipal para adecualo a realidade. O BNG considera esta modificación necesaria, mais lembra que o PSOE tivo 8 anos de goberno e non fixo nada até este momento.

O BNG denuncia a intención do goberno do PSOE de volver contratar a unha empresa privada a xestión da Gardería municipal, cuestión coa que o BNG non está de acordo.

"Dende o BNG-AA apostamos por uns servizos de xestión pública e transparente asumidos polo Concello en vez de empresas privadas. A desidia e a falta de planificación do PSOE a tomar decisións á carreira e a escasas datas das eleccións, condicionando ao próximo goberno municipal" comentou Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda.

No ano 2004, o actual concelleiro de Cultura e candidato do PSOE, Antonio Lomba, consideraba unha privatización o modelo de xestión que hoxe aproba xunto cos seus compañeiros de goberno.

O localismo do PP e PSOE custa máis 141.000 € ao ano

O BNG foi a única forza política que no seu momento apoiou a iniciativa de transferir a xestión da Gardería municipal da Guarda á daquela Vicepresidencia da Xunta da Galiza dirixida polo BNG. Sendo unha iniciativa que melloraba a dotación, persoal e sen custos para o concello da Guarda.

Aquel acto de localismo de folletín do resto das forzas políticas estalle custando ao pobo da Guarda máis de 140.000 € ao ano.

Ángel Baz, candidato do BNG-AA, aposta pola mellora da Gardería municipal