Alberte Alonso Pereira repite como candidato do BNG a alcaldía do Rosal
"Alberte Alonso Pereira repite como candidato do BNG á alcaldía do Rosal"
- Priorizará a súa acción política na reactivación económica co fin de crear emprego.
- A mellora dos servizos sociais tamén serán unha tarefa prioritaria para os nacionalistas.
O actual portavoz do BNG no concello, Alberte Alonso Pereira, repetirá como candidato á alcaldía despois de ser respaldado por unha asemblea aberta de militantes e veciñ@s.
"Para nós a prioridade está en crear dinámicas económicas que reactiven a economía, sentar as bases para favorecer o emprego no noso concello" manifestou Alonso Pereira, que, ademáis contrapuxo o seu punto de vista co do actual alcalde, "Como se pode dicir que está ao lado dos veciños, cando o único que fixo para que os mozos do Rosal atoparan emprego foi facilitarlles marchar emigrados, paradoxalmente, a través dos servizos de desenvolvemento local", afirmou.
Nese sentido, Alonso Pereira manifestou que nesta última lexislatura, en todas as problemáticas que houbo no Rosal, chámense preferentistas, emigrantes retornados, reducción de profesorado no CPI Suárez Marquier... o alcalde sempre estivo ao lado supeditado ao que lle dicía PP ou no goberno da Xunta e non cos veciños, como si fixo o BNG sempre.
Os nacionalistas adiantaron que xa teñen avanzada a lista electoral, que manterá ao actual grupo municipal, e incorporará a novas persoas de contrastada valía, formando un equipo de homes e mulleres con capacidade para asumir as labores de goberno se así o quere a veciñanza do Rosal.