O BNG do Rosal denuncia un vertedoiro incontrolado no río Tamuxe, no lugar do Urgal

logo_BNG centrado
O BNG do Rosal denuncia un vertedoiro incontrolado no río Tamuxe, no lugar do Urgal

 

O BNG do Rosal denuncia un vertedoiro incontrolado no río Tamuxe, no lugar do Urgal

 

 

Membros do BNG denunciaron ante o SEPRONA a existencia dun vertedoiro ilegal que ocupa a zona de inundación do río Tamuxe no lugar do Urgal, no Rosal. Así mesmo, os nacionalistas presentaron un escrito no concello do Rosal instando a que se tomen as medidas pertinentes para pechar este vertedoiro e retirar o material acumulado.

Trátase principalmente de vertidos de áridos, posiblemente restos de obras, se ben aparecen mesturados con plásticos e tamén é posible que haxa restos de animais, polo fedor que se sinte nalgunhas zona.

Dende o BNG indican que o vertedoiro é probable que leve funcionado desde hai bastantes meses pola cantidade de áridos depositados, e resúltalles incomprensible que o concello non teña tomado aínda medidas para a súa erradicación

 

O BNG do Rosal denuncia un vertedoiro incontrolado no río Tamuxe, no lugar do Urgal