ANÁLISE DO TRABALLO MUNICIPAL DO BNG-AA DE TUI NOS PRIMEIROS DOUS MESES.

Carme Núñez e Xo?e Martínez
ANÁLISE DO TRABALLO MUNICIPAL DO BNG-AA DE TUI NOS PRIMEIROS DOUS MESES.

ANÁLISE DO TRABALLO MUNICIPAL DO BNG-AA DE TUI NOS PRIMEIROS DOUS MESES.

 

Carme Núñez e Xo?e Martínez

 

En pouco máis de dous meses o novo governo de Tui xa deu mostras claras de actividade. Infelizmente esta é a principal novidade no panorama municipal, despois de anos de desidia e incapacidade por parte dos sucesivos governos do PP. En todas as áreas de governo, responsabilidade dos distintos grupos políticos (PSOE, BNG-AA, AT, e SON), vanse tomando medidas adecuadas ao programa conxunto negociado e acordado con anterioridade. As novas formas de governar, transparencia, diálogo, participación xa son unha realidade que valoramos desde o BNG-AA como moi positivas. Significativas son as mudanzas que neste breve tempo se teñen producido, mais nós queremos dar conta, centrarnos, naquelas que teñen a ver coas áreas de governo responsabilidade do BNG-AA.

 

O concelleiro de Limpeza, Medio Ambiente, Medio Rural e Participación Cidadá, Xosé Martínez Tato, ten actuado entre outros, nos seguintes asuntos:

- Limpeza do Camiño Portugués ao seu paso polo Concello, desde a Ponte internacional até O Porriño.

- Limpeza das zonas das parroquias onde se realizan as festas parroquiais.

- Limpeza de contentores e recollida de lixo no Centro Histórico de Tui, incluso festivos.

- Adquisición de contentores de vidro novos para centro e parróquias.

- Limpeza das Areeiras os luns, mércores e venres.

- Limpeza de pozas das parroquias.

- Limpezas de marxes vías públicas tanto do centro como das parroquias.

- Análise de augas de 36 fontes de Tui.

- Inicio da adecuación e recuperación da Senda do Río, desde a Ponte de Ferro até Salvaterra. Limpeza e arranxo de mobiliario.

- Compra e reparto dos contentores individuais aos establecimentos hosteleiros do centro, para recollida de vidro.

- Conexión do Colexio de Caldelas à rede de saneamento. Até agora estaba saturando e rebosando un pozo, a pesar de pasar a rede de saneamento apenas a sesenta metros do lugar.

 

A Concellaría de Patrimonio que dirixe Carme Núñez tense centrado fundamentalmente en conseguir a aprobación do PECH que permitiría iniciar a recuperación do noso deteriorado Centro Histórico. A este fin tense reunido xa cos técnicos correspondentes e representantes de Patrimonio da Xunta. Tamén estase actuando sobre os edificios en mal estado e con perigo de derrube, aínda que as xestións burocráticas que conleva a súa recuperación son lentas por precisar de avisos oficiais, requerimentos con os seus conseguintes prazos legais.

Estase levando a cabo tamén un inventario de todos os elementos a protexer e recuperar tanto do centro como das parroquias, e intercambiando información con persoas e entidades significativas relacionadas coa rehabilitación da zona histórica.

Tèñense mantido reunións para avanzar na recuperación e rehabilitación do Teatro Principal e na peonalización da zona vella, xa aprobada polo Pleno municipal.

Tamén está en fase de contratación o arranxo do palco de música do Cantón de Diómedes.

Toda esta labor está sendo apoiada desde fóra do ámbito de governo municipal, por varios grupos de traballo internos do BNG-AA que axudan aos concelleiros en temas de control, revisión e propostas nos campos da súa responsabilidade.

 

Asdo. Consello Local do BNG de Tui.

ANÁLISE DO TRABALLO MUNICIPAL DO BNG-AA DE TUI NOS PRIMEIROS DOUS MESES.