O pleno aprobou a moción do BNG sobre o novo hospital de Vigo
"O BNG considera unha aberración o que está a suceder co novo hospital: teitos caídos, ratos no complexo, falta de material, ..."
A moción nacionalista sobre o novo hospital de Vigo foi aprobada por maioría cos votos en contra do PP.
A moción presentada polo BNG demanda á Xunta de Galiza a posta en marcha dun hospital 100% público para o conxunto da Área Sanitaria de Vigo, na que a Guarda está incluída. Tamén demanda das autoridades competentes a posta en marcha de transporte público específico para o acceso ao hospital que garanta un sistema de transporte coordinado e intermodal, máis aló dos concellos onde residan as usuarias e usuarios.
A día de hoxe o transporte entre a Guarda e o novo hospital é incoherente e claramente insuficiente, coa actual combinación de buses, a partir das 11 da mañá non se pode acceder ao complexo hospitalario.
Para o BNG estamos ante unha escandalosa privatización dunha infraestrutura que no seu momento estaba presupostada con cartos 100% públicos cun custo de 400 millóns de . Hoxe temos un hospital cunha adxudicación a unha empresa privada que custa 1.300 , iso si, cunha redución de 620 camas.
Chega a tal nivel a obsesión do PP por facer negocio coa saúde, que tanto usuarios e usuarias como as persoas que traballan no hospital teñen que pagar o aparcamento, sen alternativa gratuíta, sinalou Ángel Baz, portavoz do BNG.
O acordo tamén inclúe o apoio a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do SERGAS e co apoio de SOS Sanidade Pública que se vai celebrar o próximo 3 de setembro ás 20:00 h diante do Hospital Xeral , na rúa Pizarro de Vigo.
O BNG anima á mobilización social
Dende o BNG animamos á sociedade guardesa á mobilizarse ante a perda de dereitos básicos que estamos a sufrir coas políticas dos gobernos do PP e a loitar por unha sanidade 100% e de calidade. Dende a formación nacionalista púxose un servizo de buses a prezo asequíbel e chamando aos seguintes números: 620561594, 616090632.