O BNG denuncia neglixencia no Concello do Rosal

O BNG denuncia neglixencia no Concello do Rosal

 

O BNG denuncia neglixencia, abandono de funcións e falta de respecto por parte do PP aos acordos plenarios

 

Alberte Alonso, portavoz do BNG no Rosal.

 

O Alcalde “esquécese” de executar un acordo onde se solicitaba transporte público para a mocidade do Rosal que estuda bacharelato e ciclos no concello de A Guarda.

O BNG do Rosal vén de denunciar o que considera unha neglixencia, abandono de funcións e falta de respecto polos acordos plenarios, que pon de manifesto a falta de sensibilidade ante os problemas dos veciños.

Os nacionalistas argumentan que no pleno do 26 de setembro, solicitaron transporte público para a mocidade do Rosal que estuda bacharelato e ciclos no concello de A Guarda. A proposta foi aprobada por unanimidade. Din que dous meses despois, no pleno do pasado sábado, o alcalde manifestou non ter feito ningunha xestión para cumprir o acordado, porque o tiña esquecido.

Ao remate de cada curso, uns 40 mozos e mozas do Rosal rematan os seus estudos de secundaria obrigatoria e deben desprazarse a outros municipios para continuar coa súa formación. A opción máis escollida é estudar o bacharelato ou un ciclo formativo na Guarda. Porén, os horarios do transporte público non concordan co horario do instituto, polo que a súa única opción é o transporte privado.

O BNG denunciou esta neglixencia no pasado pleno e mostrou o seu estupor pola falta de sensibilidade ante os problemas dos veciños.

 

 

 

 

 

O BNG denuncia neglixencia no Concello do Rosal