Nós Candidatura Galega” fai a súa presentación no Baixo Miño

Nós Candidatura Galega” fai a súa presentación no Baixo Miño

Tomás García, Sandra Gon?alez, Carme Adán, Xosé Manuel Méndez e Míriam Rodríguez

 

Baixo Miño,28 de novembro de 2015.-A cabeza de lista pola provincia de Pontevedra, Carme Adán e a candidata do Baixo Miño, Míriam Rodríguez(Tui) presentaron publicamente Nós Candidatura Galega, coalición electoral na que participan  o PCPG, Coalición Galega, FOGA, Partido Galeguista, T.G e o BNG, persoas do ámbito cultural, dos movementos sociais e a nivel individual

 

 

A presentación tivo lugar ante o Monumento ós Represaliados do 36 na alameda de Tui.No acto estiveron arroupadas pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o responsábel comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez, e de Tomás García, veciño de Caldelas, estudante, independente que apoia á candidatura.

 

 

 

 

 

Carme Adán manifestou que “o apoio a Nós ten un dobre valor pois por un lado garante que Galiza teña voz propia en Madrid e por outro vai contribuir a apartar ao PP do goberno central e contribuir a unha tranformación real do Estado a favor das clases populares, dos dereitos das persoas e dos povos”. Rematou afirmando que Nós continuará co legado dos 20 anos de traballo dos deputados e deputadas nacionalistas galegas no Congreso, sen intereses nin presións alleas rendendo contas só ante Galiza e o pobo galego.

 

 

Miriam Rodríguez pola súa parte manifestou “a mocidade somos a xeración máis indefensa en termos de emprego e precariedade, realidade que non pode ser maquillada nin coa propaganda oficial, con casi o 50% da xente moza sen traballo, ademais dos miles de emigrad@s”.

 

Nós Candidatura Galega” fai a súa presentación no Baixo Miño