O BNG considera insuficiente o horario de apertura do museo do mar da Guarda
Ángel Baz: Hai que facer un esforzo para poñer os nosos recursos en valor
Ante a presentación do novo horario de verán do museo do Mar por parte do goberno municipal do PSOE, o cal funcionará soamente fins de semana e festivos, o BNG quere salientar a súa desconformidade polo horario estabelecido polo concello.
Para o BNG faise difícil entender que en plena tempada estival , sendo o turismo un dos principais recursos económicos para este concello, o goberno do PSOE decida manter pechado o Museo do Mar durante os restantes días da semana.
Calquera atractivo turístico, o Museo do Mar ten que selo, hai que poñelo en valor e en xogo na época que máis visitantes temos na Guarda, sinalou Ángel Baz portavoz municipal do BNG.
O BNG considera que o goberno municipal desaproveita así, un punto de atracción turística para o concello da Guarda.