O BNG presenta unha moción para arranxar transversal Ingueiros
O BNG presenta unha moción para arranxar transversal Ingueiros
O estado do transversal ten provocado caídas graves, empeorando coas obras feitas polo concello en Inguieiros
A Guarda, 14 xullo 15. O BNG presentou unha moción para solicitar a reforma do Transversal Inguieiros.
Para o BNG o estado desta rúa non se pode describir menos que de perigoso, sobre todo cando chove. O feito de ter os seixos ao descuberto convértena nunha pista de patinaxe, os veciños e veciñas que a diario pasan por alí teñen que extremar as precaucións para non caer polo esvaradío do terreo.
Esta situación agravouse co a última actuación realizada polo grupo de goberno na rúa de Inguieiros e no propio transversal dado que a impermeabilidade do terreo fai que toda a auga corra pola superficie do transversal se ningún tipo de control, polo que aumenta
máis aínda o perigo para a veciñanza.
O BNG lembra que o estado deste camiño xa tivo consecuencias nefastas para unha veciña, resultando seriamente ferida e con secuelas. Polo que compre salientar a necesidade de acometer a reforma deste vieiro para solucionar os problemas de augas e o do propio firme.
[gallery columns="2" ids="365,366,367,368"]