Ángel Baz, candidato do BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda
Ángel Baz, candidato do BNG-AA, reuniuse cos praceiros da Guarda
Ángel Baz amosou o seu compromiso coa praza de abastos da Guarda
A Guarda, 21 abril 15. Ángel Baz, candidato do BNG-AA á alcaldía da Guarda, reuniuse con praceiros e praceiras para coñecer de cerca da situación actual da praza de abastos da Guarda.
Dende o BNG-AA valorouse positivamente os resultados da reunión, sobretodo a alta coincidencia na análise das problemáticas que afectan á praza de abastos da Guarda, como o tipo de clientela, horarios, infraestruturas, aparcamento, ...
A formación nacionalista amosou o apoio aos praceiros e praceiras, pulando por unha praza de abastos como punto referencia tanto para a localidade como para o resto da comarca.
Para o BNG-AA debe existir un maior compromiso con esta infraestrutura municipal por parte do concello, cunha planificación e con medidas destinadas a potenciala, sen caer en investimentos puntuais que non solucionan o abandono a que está sometida.
Estamos seguros que cun proxecto serio e ben planificado, a nosa praza será un referente para o comercio local e un importante punto de atracción turística que non podemos perder, comentou Angel Baz, candidato do BNG á alcaldía da Guarda.
O BNG-AA entende, en coincidencia cos praceiros e praceiras, que a praza de abastos é moito máis que o propio edificio, que todos os comercios que están arredor da praza tamén forma parte dela, constituíndo un modelo de comercio que da vida ao centro da vila.