"A Asemblea Aberta de Tui propón o primeiro tramo da candidatura para as municipais"
"A Asemblea Aberta de Tui propón o primeiro tramo da candidatura para as municipais".
Os nacionalistas tudenses concurrirán ás elecións municipais baixo o nome BNG-Asembleas Abertas.
O pasado sábado 3 de xaneiro celebrouse na Sala Félix da Área Panorámica unha asemblea aberta na cal se decidiu e aprobou o primeiro tramo da candidatura do BNG Asembleas Abertas para as eleccións municipais 2015.
A candidatura estará encabezada por María do Carme Núñez, veciña de Pexegueiro, médica de familia no centro de saúde de Tomiño, e, delegada da Asociación Solidariedade Galega do Pobo Saharauí no Baixo Miño.
A lista continúa cos seguintes membr@s:
2.José Martínez Tato, veciño de Randufe, actual concelleiro, activista social, promotor de andainas saudábeis e solidarias.
3.Josué Campos Lage, venciño de Pazos de Reis, traballador do sector comercial, ex-responsábel, ex-delegado internacional e ex-membro da Dirección Nacional de Galiza Nova.
4.Míriam Rodríguez Fernández, veciña de Guillarei, técnica de turismo, portavoz das plataformas de preferentistas e emigrantes retornad@s do Baixo Miño.
5.Alejandro da Cuña Fernández, veciño de Caldelas, xefe de almacén en empresa de suministros, vicepresidente da Comunidade de Montes de Caldelas.