O BNG ANIMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN QUE SE VAI CELEBRAR NA ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O 25 DE XULLO Á PARTIR DAS 12 H
O BNG do Baixo Miño estará na manifestación do día da Patria Galega
O BNG presenta no Baixo Miño a celebración do Día da Patria baixo o lema "Galiza, a nación que compartimos" para simbolizar a aposta por un novo país, inclusivo e beneficioso para todos e todas.
“O 25 de Xullo é a festa de todos os galegos e galegas, nesta nación que compartimos”, recalca Laureano Muíños, responsábel comarcal do BNG.
Xunto con esta mensaxe de inclusión, o BNG tamén ten como gran obxectivo converter a celebración do Día da Patria nunha gran mobilización social en contra da discriminación e do agravio que padece o País e en defensa dos nosos intereses.
Desde o BNG apostamos por unha mobilización na que as nosas veciñas e veciños asuman o protagonismo nun momento no que o Goberno galego está desaparecido e cun Feijóo cómplice necesario da discriminación.
“Pretendemos que se mobilice toda a sociedade, e, para iso estamos traballando con todos os colectivos, asociacións e con todas aquelas persoas que senten este país”, conclúe Laureano.
Banda sonora do Día da Patria
O BNG lanzou un tema musical a modo de banda sonora do Día da Patria, que nesta primeira edición ten como artistas protagonistas aos músicos Caxade e Mini, nunha proposta que leva por título Estamos todas canda a ti que xa está a circular polas redes sociais.
Autobuses desde o Baixo Miño
Para facilitar o traslado a Compostela, desde o BNG disporemos de transporte colectivo, autobuses, con saídas o dia 25 de xullo ás 09:30 da alameda da Guarda facendo paradas polo Baixo Miño. Para iso cómpre reservar praza no : 616090632 / [email protected].