Encontro da mocidade con Ana Pontón no Baixo Miño
06 xul. 2017 - 13:42
Galiza Nova organiza no Baixo Miño un encontro da mocidade coa Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, a fin de tratar a situación que vive a xuventude na actualidade e compartir ideas e inquedanzas.
O acto terá lugar o vindeiro sábado, 8 de xullo, ás 18:30 na Sala Xacobeo da Área Panorámica de Tui.
Ao remate disporáse dun autobús (de balde para toda a mocidade) con traslado á festa nacionalista comarcal que se vai celebrar no parque do Cancelón, (subida ao Monte Trega) na Guarda.
Cómpre reservar praza de bus no: 616090632 / [email protected]