O BNG acusa ao Alcalde da Guarda de mentir e de xogar coa veciñanza da Cruzada

Anxo Baz, portavoz municipal do BNG
Anxo Baz, portavoz municipal do BNG

“O alcalde incumpre o acordo plenario atrasando a execución da obra máis de dous anos e deixando fora do proxecto a metade da rúa e a propia praza-miradoiro de San Caetano”

O BNG acusa ao Alcalde da Guarda de mentir e de xogar coa veciñanza da Cruzada

O BNG quere denunciar o escurantismo que o grupo de goberno do PSOE mantén con esta formación política ao negarlle o aceso a este expediente como ten acontecido con outros anteriormente. Xa levamos 12 días á espera desde a segunda petición, 24 días desde a primeira petición.

“ O aceso a este tipo de información e un dereito que como representantes dos veciños temos para a fiscalización do traballo do goberno. Un dereito que dende vai anos se los está negando. A pregunta é: por que se non se nos permite acceder ao proxecto de obra?”, comenta Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG non entende o desprezo co que o goberno do PSOE trata ao barrio da Cruzada, tendo en conta a falta de investimentos nesta zona da Guarda dende hai moitos anos.

“Incomprensíbel o estado de abandono ao que está sometido o espazo da capela de San Caetano, un dos miradoiros máis emblemáticos da vila xunto cos de Santa Trega”, subliña o BNG.

Para o BNG queda claro que o abandono ao que está sometido este barrio tradúcese en continuas roturas no saneamento publico, en insoportables filtracións nas vivendas que levaron á desesperación e mobilización das veciñas e veciños do barrio, á recollida de máis de 500 sinaturas e á presenza física no pleno onde se debatía a moción para a humanización urxente da rúa. 

O BNG esixe a reforma integral da rúa San Caetano e non nunha reforma parcial, como así foi acordado en pleno.