O BNG ANIMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN QUE SE VAI CELEBRAR NA ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA O 25 DE XULLO Á PARTIR DAS 12 H

O BNG do Baixo Miño estará na manifestación do día da Patria Galega

WhatsApp Image 2017-07-13 at 08.47.06
WhatsApp Image 2017-07-13 at 08.47.06
O BNG do Baixo Miño estará na manifestación do día da Patria Galega

O BNG presenta no Baixo Miño a celebración do Día da Patria baixo o lema "Galiza, a nación que compartimos" para simbolizar a aposta por un novo país, inclusivo e beneficioso para todos e todas.

“O 25 de Xullo é a festa de todos os galegos e galegas, nesta nación que compartimos”, recalca Laureano Muíños, responsábel comarcal do BNG.

Xunto con esta mensaxe de inclusión, o BNG tamén ten como gran obxectivo converter a celebración do Día da Patria nunha gran mobilización social en contra da discriminación e do agravio que padece o País e en defensa dos nosos intereses.

Desde o BNG apostamos por unha mobilización na que as nosas veciñas e veciños asuman o protagonismo nun momento no que o Goberno galego está desaparecido e cun Feijóo cómplice necesario da discriminación.

“Pretendemos que se mobilice toda a sociedade, e, para iso estamos traballando con todos os colectivos, asociacións e con todas aquelas persoas que senten este país”, conclúe Laureano.

 

Banda sonora do Día da Patria

O BNG lanzou un tema musical a modo de banda sonora do Día da Patria, que nesta primeira edición ten como artistas protagonistas aos músicos Caxade e Mini, nunha proposta que leva por título Estamos todas canda a ti que xa está a circular polas redes sociais.

 

Autobuses desde o Baixo Miño

Para facilitar o traslado a Compostela, desde o BNG disporemos de transporte colectivo, autobuses, con saídas o dia 25 de xullo ás 09:30 da alameda da Guarda facendo paradas polo Baixo Miño. Para iso cómpre reservar praza no : 616090632 / baixominho@bng.gal.