Todos os anos na comarca do Baixo Miño celebramos a nosa Festa Nacionalista. Un momento de convivio, de reflexión política, de festa, de bo comer e con boa música.
Despois dun ano de traballo político, toca relaxarse e pasalo ben, para seguir traballando por este país o resto do ano.
Este ano imos celebralo no Concello da Guarda, nun lugar incomparábel ao pé do monte Trega, no lugar coñecido como o Montiño.
Contaremos coas actuacións do grupo de rock "A Banda da Trastenda" e do grupo de música tradicional "@s Folieir@s", ....
Para acompañar toda esta música teremos comida e bebidas a prezos populares. E como sobremesa contamos coas riquísimas filloas á pedra do compañeiro Paco "Pinzás" e os doces da compañeira Ofelia.
Tamén imos contar coa presenza da Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG, que compartirá con nós este día de festa...
Iso si, esta é unha festa participativa, polo que se vén co teu instrumento para non parar de foliar ...
Así que xa sabes, este 8 de xullo reserva a data e vémonos ás 20:30 h no montiño con Ana Pontón.
Saúde e anímádevos a participar !!!!
Localización do lugar da Festa Nacionalista na Guarda:
Contaremos con:
Grupos que actúan:
As filloas á pedra de:
Os doces de Ofelia:
Imaxes de edicións anteriores ...