Compra no comercio local e merca productos galegos

marca productos galegos

O Bloque Nacionalista Galego  anima a potenciar feiras e mercados, a consumir produtos galegos, e a facelo no comercio de proximidade, sector básico da nosa economía.

Compra no comercio local e merca productos galegos

Xoves 20 decembro de 2018. Levamos tempo alertando da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados.

Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, de humanizar cidades e impedir a desertización das nosas vilas. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade.
No BNG  apostamos por prestixiar os nosos produtos primarios e por facilitar a súa comercialización. O noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo
beneficio, e que a actividade agraria, a súa transformación e comercialización sexan un elemento de xeración de emprego e dinamización económica, que tanta falta fan.
Temos comercio e produtos de primeira. Reivindicamos a artesanía, a música, os libros, os xoguetes non sexistas, feitos na Galiza e reinvestidos na economía local.
As políticas fiscais e económicas do PP están a ameazar a supervivencia do comercio local, que o BNGO segue a apoiar e defender.

No BNG apostamos por:

  • Incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega.
  • Opoñerse á instalación de grandes superficies comerciais de capital transnacional.
  • Recuperar os mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais.
  • Promover a produción alternativa e ecolóxica.
  • Impulsar unha marca de calidade dos produtos da horta galega.
  • Regular os horarios comerciais.
  • Establecer liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade.

 

Compra no comercio local e merca productos galegos