O BNG de Tui leva a pleno unha moción en defensa das traídas de augas veciñais

concelleiros de tui
Carmen e Tato, concelleiros de Tui

"O BNG presenta en Tui unha moción no pleno deste xoves dia 30 de novembro que esixe unha actuación rápida e decidida da Xunta de Galiza en defensa do ben comunitario das traídas de augas veciñais"

O BNG de Tui leva a pleno unha moción en defensa das traídas de augas veciñais

Desde hai uns meses varias comunidades de Augas de Consumo Humano en Tui (traídas de augas veciñais), atopáronse que ao proceder á renovación das concesións, por parte dos organismos da conca hidrográfica, neste caso a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, estalles a por múltiples atrancos e está denegando as autorizacións. 

Estas son traídas que están legalizadas, que cumpren con todos os requisitos legais, análises, rede, tubaxes, cloración correctos, e que regularmente reciben subvencións públicas para levar a cabo o cometido de subministrar auga @s veciñ@s. 

A non renovación das autorizacións está a crear malestar e preocupación entre @s veciñ@s, porque se lles quere ilegalizar un servizo, que aínda que non ten a consideración de público, si é comunal e comunitario. 


" A auga é un ben das persoas e máis da natureza,non é un negocio de grandes especuladores. É un ben fundamental para a vida polo que ten que ser considerado  o seu aspecto social" comentou Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui. 

O BNG considera que as nosas parroquias, ao igual que o noso País, teñen  cultura de auga e foron  e seguen sendo quen de administrala, conservala e xestionala desde ben antigo a través das traídas de augas veciñais, que ademáis, encárganse de manter o bo estado das masas de auga para perservar a vida na natureza e o benestar das nosas veciñas.

O BNG de Tui leva a pleno unha moción en defensa das traídas de augas veciñais