A DEPUTADA MONTSE PRADO CRITICA A POUCA CORDINACIÓN DO GOBERNO GALEGO ANTE UNHA SITUACIÓN QUE CUALIFICA DE EXCEPCIONALIDADE.

O BNG presenta no Parlamento galego unha batería de iniciativas trala traxedia de Paramos

IMG_20180614_115936
A deputada Montse Prado acompañada pola portavoz municipal, Carme Núñez, e o concelleiro Xosé M.Tato
O BNG presenta no Parlamento galego unha batería de iniciativas trala traxedia de Paramos
Tui, 14 de xuño de 2018. A deputada do BNG Montse Prado,  a portavoz municipal en Tui, Carme Núñez, e Xosé M. Tato, concelleiro do BNG, deron a coñecer esta mañá en rolda de prensa, despois de manter unha xuntanza, na zona cero de Paramos, cos portavoces da Plataforma de afectados,  unha batería de iniciativas presentadas no Parlamento Galego que recolle as demandas da Plataforma de Afectad@s pola explosión de Paramos,e, que busca un "plan de actuación concreto, que non sexa simplemente un anuncio de axudas  que se dilatan no tempo".

 Cun balance de dúas víctimas mortais,dúas crianzas orfas, máis de 311 vivendas afectadas, 63 vehículos danados ,e 792 persoas afectadas,  o BNG demanda  que a administración pública debe ser eficiente ,áxil, e pasar acción.


Así as cousas, o pasado xoves publicábase no DOG a orde de axudas para a rehabilitación de vivendas,a cal as nacionalistas consideramos  que as contías que contempla dita orde son totalmente insuficientes, pois, defendemos que se debe   cubrir o 100% do custe da vivenda, sexa vivenda habitual ou non.Denunciamos tamén que é incomprensíbel  que nesta orde non se recolla  a reposición de vehículos e axudas directas a empresas afectadas, e , a súa vez,a insificiente partida no caso dos enxovais.Asímesmo consideramos que se debe especificar, dun xeito claro e conciso que as axudas estean exentas de tributar para evitar posíbeis atrancos, pois tal e como está redactada pode dar lugar a outra interpretación.


"Nunha situación  coma esta, cómpre  que a Xunta de Galicia, vía catastro, rexistro da propiedade, etc, recopile toda a documentación necesaria,e, poña os medios suficientes para axilizar a tramitación,como se ten feito noutras ocasións, e evitar estes trasnorno aos afectados e afectadas" apuntou a deputada Montse Prado.

Ante unha catástrofe desta maginitude, as afectadas e afectados precisan de ter unha atención piscolóxica. "Para o BNG é imprescindible que se dote ao centro de saúde de Tui de persoal psicolóxico e así evitar o desprazamento a Vigo  que non é unha solución moi acaída, esta medida mínima hai que prestala no inmediato", comentou a deputada nacionalista.


Por outra banda, consideramos  que a Xunta  debe de cordinar e porse ao frente de coa labor de desentullo. A través do  ISGA poden autorizar a unha empresa para comezar canto antes  coas obras de rehabilitación para que os afectados e afectadas poidan ir recuperando as súas vidas.

O BNG apunta que xa é hora de pasar a acción e deixarse de boas palabras,e, todas estas propostas son perfectamente viables e realizables.

 

O BNG presenta no Parlamento galego unha batería de iniciativas trala traxedia de Paramos