O BNG presenta unha moción contra os lumes forestais e polo desenvolvemento rural
“A moción solicita un cambio na política forestal para a posta en valor do noso monte”
O BNG presentou unha moción contra os últimos lumes forestais e par o desenvolvemento do rural.
A traxedia de lumes vividas na Galiza puxo en grave risco núcleos urbanos e miles de persoas viron as súas vidas en perigo, o resultado foron miles de hectáreas de monte calcinadas e a vida de 4 persoas.
Para o BNG, o PP actuou con auténtica irresponsabilidade cando nunha das maiores secas vividas no país, rescinde o contrato a medio milleiro de traballadores e traballadoras de SEAGA.
Para o PP non existe unha política forestal que acometa medidas de carácter estrutural coa posta en valor do monte, aproveitamento multifuncional, e a aplicación de medidas preventivas.
“Foron uns días terríbeis onde o Goberno galego desapareceu e, unha vez máis, tivo que aparecer o pobo para defenderse desta desastre. Tivemos que remangarnos as mans, apagar e vixiar o que non estaba queimado”, comentou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.
Na moción ínstase á Xunta de Galiza a unha nova política de desenvolvemento rural que reverta o abandono do rural, realizar as modificación lexislativas necesarias, establecer un mando único que evite a descoordinación e que se asuman as responsabilidades en materia de prevención, así como regularizar o Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais que garanta a súa coordinación, profesionalización e homologación en formación, equipamento e condicións laborais.